venres, 25 de outubro de 2019

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Como parte do Proxecto Deportivo de Centro e do temario de Ciencias optamos por unha alimentación saudable e exercicio físico. Por eso creo que esta entrada no blogue e moi interesante para as familias, para que cada vez sexamos mais conscientes da nosa labor para o mellor crecemento dos nosos fillos.


O sábado 19 de outubro  estivo un referente na alimentación infantil en España.



Nesta conferencia falou sobre o que é unha boa alimentación, a importancia de comer en familia  e o deporte.

Pero antes de comezar a conferencia, detallou o CONTEXTO ALARMANTE no que vivimos actualmente: o sedentarismo xunto a sobre- alimentación con alimentos procesados, refinados e azucres. Sobre un 34% dos nenos sofren sobrepeso, sendo o 18% obesos, co maior risco de sufrir diabetes e outras enfermidades con orixe dunha mala alimentación.
A OMS recomenda a 25 gramos, unha culler de azucre por día. A inxesta diaria de calquer neno ou nena na actualidade é moi superior, en alimentos que non somos conscientes de que sucede. Non quere dicir que teñan que tomar azucre, o azucre que deben inxerir xa está presente nos alimentos que inxiren como froitas, hidratos…
Nesta páxina podedes ver mais exemplos como na foto. https://www.sinazucar.org/



Un Maxi Petit de marca Hacendado conten 12g de azucre, equivalente a 3 terróns.


PARA QUEN QUEIRA SABER UN POUQUIÑO MAIS:
Reseña biográfica de Juan LLorca:

Juan Llorca, Chef de profesión e apaixonado da nutrición e alimentación infantil. Actualmente chef e responsable de Valencia Montessori School, primeira escola 100% Montessori comprometida cunha cociña SLOW FOOD e unha alimentación libre de procesados, refinados, azucres r totalmente natural e de temporada. En definitiva, unha alimentación saudable. http://juanllorca.com/


 Autor dos libros Sin Dientes y A Bocados y En Boca de Todos.
Asesor de comedores escolares

Ningún comentario:

Publicar un comentario