LINGUA

AS LETRAS GALEGAS




SEMANA DO 21 AO 24 DE ABRIL




SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

BOOKTUBERS

Se os acordades dixemos na clase de que fariamos de booktubers. 
Mirade na páxina web do cole, os de terceiro xa fixeron a súa recomendación.

Pero, primeiro tedes que:

- Pensar nun conto que os gustou moito.

- Despois, tedes que cubrir esta ficha que os dou. 

Non a imprimades, tedes que facer nunha metade de folio a vosa tarxeta. 
A profe fixo unha para que veades o que hai que por e cubrir. Unha vez feita me a enviades o correo. 
Ah, non esquezades de facerlle e crear vos un marco moi bonito.






Cando estén feitos e corrixidos, xa falaremos de como facer o video para colgar na páxina e así os demais nenos e nenas o poden ver e ter ideas sobre libros que poidan ler nestes días.
ÁNIMO!! A ver eses artistas de Segundo!!!









A PRACTICAR UN POUQUIÑO DE GALEGO!!

NAS ULTIMAS SEMANAS ESTIVERAMOS DANDO OS OFICIOS. 
OS DEIXO O CONTO DE "O OFICIO DE XAN". 
PRIMEIRO, DALLE LER O CONTO, E DESPOIS PODES XOGAR CAS DIFERENTES ACTIVIDADES-








RETO EN GALEGO  PARA A SEMANA DO 23 AO 25 DE MARZO.

TEDES QUE COPIAR O TEXTO QUE VOU A ESCRIBIR E VOS SEGUIDES A HISTORIA COMO FACEMOS NA AULA.

O TEXTO A COPIAR E O SEGUINTE:

Érase unha vez un neno chamado Lois que vivía co seu tío Xosé. Lois estaba de vacacións na casa do seu tío no verán. Xosé vivía nunha casiña de madeira o lado do río. O que mais lle gustaba facer era pasear pola tarde debaixo da sombra das árbores. Unha tarde, iban os dous paseando cando, de súpeto, escoitaron un ruido moi suave e continuo que procedía do río. Era unha ............
.......................................................................................................................................................


SUXERENCIA: Podedes con folios facer un libriño como facedes as veces na aula, e escribir as vosas historias, tanto o que eu propoña como as historias que queirades contar. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario