mércores, 20 de febreiro de 2019

ENTROIDO

O entroido realizarase a volta de vacacións, o xoves.

A nosa clase iremos do Conde Drácula. Necesitamos pantalón negro e camisa branca, ou de non ter pantalón escuro e blusa ou camisa clara ou vermella.


ESTE TRIMESTRE APRENDEMOS A TRABALLAR EN EQUIPO


Encántanos traballar en equipo. Entre todos temos mais ideas e aprendemos os uns dos outros e, sobre todo, a estar atentos.
Cada un de nós ten unha función: secretario, coordinador, portavoz e modelador de voz.
Pouco a pouco estamos a aprender diferentes técnicas de Traballo Cooperativo e cómo temos que estar atentos para que funcione mellor, ademais de colaborar e aportar cada un de nós a nosa mellor habilidade.


ESTAMOS A TRABALLAR EN EQUIPO: 

AS NOTICIAS PARA O NOSO PERIÓDICO ESCOLAR. 

FACENDO UN CONTO PARA CONTARLLO AOS NENOS DE SEGUNDO,

 TAMÉN INVESTIGAMOS POLA PAZ A DÚAS PERSONAXES PREMIOS NOBEIS DA PAZ PARA FACER UN LIBRIÑO COS NENOS DE TODO O COLE PARA A BIBLIOTECA E...

 A SEMANA PASADA FIXEMOS DÚAS RECEITAS PARA O LIBRO DO COLEXIO: RECEITAS DE EUROPA. NOS ELIXIMOS: CIORBA DE VACUTA E PAPANASI.



EQUIPO RAIO


EQUIPO BODA