xoves, 21 de marzo de 2019

Novos contidos en Ciencias Sociais

PROXECTO ROMANIA


EMPEZAMOS A IMAXINAR E A FACER O NOSO CASTELO PARA A EXPOSICIÓN DE ROMANIA.
CONTINUAMOS A INVESTIGAR SOBRE O PAIS, SE QUEREDES APORTAR INFORMACION A PODEDES TRAER.


REPASANDO E ESTUDIANDO OS ANIMAIS

Retomamos a nosa aprendizaxe sobre os animais vertebrados. Se queredes podedes ver outra vez o video dos VERTEBRADOS e preguntarlles a características dos diferentes grupos: os peixes, os anfibios, os reptiles, os mamíeros... como se desprazan, de que nacen, cómo respiran..

martes, 12 de marzo de 2019

PROXECTO ROMANIA

Tamén continuaremos a traballar sobre Romanía xa que o 17 de abril temos a nosa exposición na hora de ler ao resto do alumnado.
Estamos a buscar información, e a nosa idea e facer un castelo con toda a información que traballemos ata ese día sobre Romanía. Por iso os alumnos están pedindo nas casas caixas, Se algunha familia ten caixas grandes que as poidan traer, como caixas de electrodomésticos estaremos agradecidos..

SE ALGUNHA FAMILIA QUERE APORTAR INFORMACIÓN SOBRE ROMANÍA PODE TRAELA PARA QUE CADA ALUMNO A POIDA COMPARTIR CO RESTO DA AULA.

GRACIAS

CIENCIAS NATURAIS

Volvendo pouquiño a pouco a normalidade e a rutina, hoxe retomamos o trae nballo sobre os animais.
Volvemos a ver o video sobre os VERTEBRADOS, os cinco grupos e fixemos unha actividade en grupo. Recortamos e pegamos as características e os nome dos cinco grupos nun folio A3.
NA CASA PODEN VOLVER A VER O VIDEO DOS VERTEBRADOS PARA IR APRENDENDO AS CARACTERISTICAS.

luns, 11 de marzo de 2019

YO TE CUENTO UN CUENTO Y TU HACES YOGA

Empezamos a traballar un conto novo na hora de ler.: Mais información na páxina de MINDFULNESS E IOGA.

sábado, 2 de marzo de 2019

RECONECTAMOS CAS NOSAS SENSACIÓNS

Esta semana volvemos a recordar o ben que nos sentimos ao parar e respirar. Momento para sentir o que ocorre dentro de nós e xestionalo. 
Estivemos fixando a nosa atención nos sons, o noso corpo e a respiración. 
Para saber mais ir a páxina de Mindfulness e así tamén practicalo na casa ou nos momentos que esteamos na natureza.