Como parte do Proxecto Deportivo de Centro e do temario de Ciencias optamos por unha alimentación saudable e exercicio físico. Por eso creo que esta entrada no blogue e moi interesante para as familias, para que cada vez sexamos mais conscientes da nosa labor para o mellor crecemento dos nosos fillos.
O sábado 19 de outubro estivo un referente na alimentación infantil en España.
Nesta conferencia falou sobre o que é unha boa
alimentación, a importancia de comer en familia
e o deporte.
Pero antes de comezar a conferencia, detallou o CONTEXTO ALARMANTE no que vivimos
actualmente: o sedentarismo xunto a sobre- alimentación con alimentos
procesados, refinados e azucres. Sobre un 34% dos nenos sofren sobrepeso, sendo
o 18% obesos, co maior risco de sufrir diabetes e outras enfermidades con orixe
dunha mala alimentación.
A OMS recomenda a 25 gramos, unha
culler de azucre por día. A inxesta diaria de calquer neno ou nena na
actualidade é moi superior, en alimentos que non somos conscientes de que
sucede. Non quere dicir que teñan que tomar azucre, o azucre que deben inxerir
xa está presente nos alimentos que inxiren como froitas, hidratos…
Nesta páxina podedes ver mais exemplos como na foto. https://www.sinazucar.org/
Un Maxi Petit de marca Hacendado conten 12g de
azucre, equivalente a 3 terróns.
PARA
QUEN QUEIRA SABER UN POUQUIÑO MAIS:
Reseña
biográfica de Juan LLorca:
Juan Llorca, Chef de
profesión e apaixonado da nutrición e alimentación infantil. Actualmente chef e
responsable de Valencia Montessori School, primeira escola 100% Montessori comprometida
cunha cociña SLOW FOOD e unha alimentación libre de procesados, refinados, azucres
r totalmente natural e de temporada. En definitiva, unha alimentación saudable.
http://juanllorca.com/
Asesor de comedores escolares
Ningún comentario:
Publicar un comentario