Páginas

MINDFULNESS E IOGA


VENRES 25 DE NOVEMBRO DE 2019.


          Despois do recreo ou de xogos en movemento é o momento idóneo para contactar co noso corpo e as nosas sensacións. Os nenos veñen alterados, cansos, cunha excitación física que lles impide conectar e a enfocar a súa atención na tarefa. Ademais a Relaxación tombada ou Body- Scan é unha ferramenta idónea para practicar a atención. A atención, este caso, no corpo. 
         Desde pequeniños aprenden a estar máis atentos e a valorar a importancia do descanso, pero non o descanso, de non facer nada, senón de parar a mente e evitar a sobreestimulación que un dos fenómenos mais prexudiciais hoxe en día para desarrollar a atención. De feito hoxe en día hai cada vez mais casos de déficit de atención,m hiperactividade.... eu engadiría isto a importancia de que os nenos e nenas teñen que ter tempo para aburrirse, para desarrollar a creatividade e a paciencia e calma mental. Moi importante traballalo desde pequeniños paralelo as emocións.







Martes 2 de abril 

Estábamos ansiosos de que chegara esta actividade na natureza. Despedindo o Bo tempo comenzamos a
letura dun novo libro.


Mamá, hoy no puedo dormir! —Por qué? —No lo sé… Estoy nervioso y mi cabeza no para de pensar, de pensar y pensar… —Quieres que te enseñe a respirar? — R E S P I R A R ? Si yo ya sé respirar!

A respiración sempre nos acompaña, podemos recurrir a ela cada vez que necesitemos calmarnos o simplemente traer a nosa atención aquí, neste preciso momento. 
Cantas veces nos dixeron : tranquilizate e respira...! Pero como se fai? Este libro nos explica diferentes técnicas .. As clases son un pequen o laboratorio donde aprendemos e practicamos estas técnicas para recurrir a ellas cando nos Fagan falta  

Se o aprendemos desde pequeniños nos Vai axudar enormemente, evitando convertirnos en marionetas, podemos coñecer como funciona a nosa mente e as suas conexions para formar a adultos más felices e mais autónomos e con mais éxito... 

Ademais de aprender como funciona a nosa respiración , comprobamos como nos relaxa a respiración abdominal... Construimos os nosos barquiños .. E nos convertimos en olas de mar ... Ademais de centrar a atención na nosa respiración comprobamos e sentimos diferentes pesos e diferentes rimos de respiración, inspiración e espiración... 



Aprendemos un montón, o poder da natureza é marabilloso, nos conecta co momento presente, nos aporta paz, alegría, creatividade.  .. Ademais aprendemos a valorala e coidala ... Comprobamos que está moi sucio o patio e que necesitamos recoller o lixo... 
TAMÉN desarrollamos a nosa orientación espacial, conceptos matemáticos, destrezas manuais o facer os nosos barquiños. 











































Luns 11 de marzo

 O venres pasado, coa chegada do bo tempo,  comezamos a ler un libro novo:


 Un conto para experimentar, sentir, observar e estar atentos co noso corpo. As autoras do libro nos propón que os nenos experimenten co seu corpo, os movementos, as sensacións, as emocións sen imporlles nada.

Ademais de experimentar co corpo, este conto nos axuda a conectar ca natureza, a ser mais observadores e aprender dela. Xa que cada vez estamos mais desconectados e unidos. 
NOS ENCANTA ESTE CONTO!!



Continuaremos esta semana a experimentar como nos sentimos con cada postura e a facer os nosos debuxos e explicar cómo nos sentimos. 

Hoxe nos averiguamos que como unha roca nos sentimos mais tranquilos e relaxados, donde temos molestias ou sensacións agradables no corpo.



Xoves 28 de febreiro

Celebrando o día soleado fixemos unha actividade de atención no patio.
Desta vez a nosa atención focalizouse nos sons da natureza.. estivemos a identificar cantos sons diferentes de animais había: diferenciamos diferentes piares de paxaros, corvos, galos e ata unha mosca. Tamén un de nós percatouse doutros sons como de camións... comprobamos que era sons desagradables e os da natureza nos parecían mais agradables. 
Aprendemos a sentirnos e a conectarnos ca natureza... pois canto mais a sintamos, a apreciemos vamos a ter conductar mais conscientes con ela e a vamos a coidar moito mais. 

Non hai mellor actividade para aprender a coidar e respetar a nosa contorna como ver e experimentar o maravillosa e necesaria que é para a nosa vida.





 Martes 26 de febreiro

Nos encanta esta actividade, creo que é a preferida polos sete magníficos.
Un momento de pausa para sentir o noso corpo. Unha vez tumbados, estirados, prestamos atención desde a cabeza pasando por todas as partes do noso corpo ata os pés. (Prestar atención ao noso corpo é unha forma fácil de focalizar a nosa atención e conectar co presente, o que nos axuda a disfrutar mais de cada momento, ademais de aprender hábitos saudables como coñecer e coidar o noso corpo, o cal nos permite estar aquí e disfrutar das diferentes actividades).



O que mais lle gustou e a sorpresa final da tea pasando da cabeza os pes, sentindo a súa textura, as sensacións producidas na pel... Que os conten!!
Martes 26 de febreiro

Tiña un pouco abandonado o blogue e, en concreto, esta páxina. Porque a atención se desenvolve a diario e os nenos e nenas conectan mellor co noso exemplo. 
Pero esta vez sacamos unhas fotos despois de facer a actividade a mestra con nós para poder ensinar o que facemos.

Durante a semana antes de iniciar unha nova actividade, ou o cando o necesitamos, por exemplo, cando estamos realmente emocionados e non somos capaces de enfocar a nosa atención.

Nesta ocasión,  paramos, e focalizamos a atención na nosa respiración, despois de pechar e observar o noso corpo, para traer a atención aquí e agora, neste momento. Tres minutiños e preparamos o noso corpo e cerebro para ter mais enerxía e mais atención.







Xoves 25 de outubro 

Mirade que bonito! Rematamos o mural do noso rincón da calma. 
Pouquiño a pouco vamos creando o noso lugar de relaxación. 






Para pintalo fixemos unha pequena visualización - meditación como sería o noso lugar de tranquilidade  Despois en silencio fumos pintando con toda a atención elixindo as cores e o obxecto a debuxar dunha forma armoniosa e consciente. 
Enoraboa rapaces!! 


Mércores 24 de outubro 


Temos un amiguiño novo no rincón da calma : o mono que salta de rama en rama. 
Fixemos unha pequena meditación observando a nosa atención na respiración.. Cando un pensamento nos distraia, o convertemos nun globo, o deixamos voar e volvemos a atención na nosa respiración  

O final escoitamos a canción de Solo por hoy de Encanto al alma. A importancia de estar atentos e non distraernos como un mono de rama en rama. 



UN NOVO OBXETO PARA O NOSO RINCÓN DA CALMA

Observamos como estar atentos o movemento da nosa buxaina, nos axuda a estar tranquilos e concentrados.  Nos sentamos en círculo e observamos a tirada de cada compañeiro pacientemente e observando como é a nosa respiración, o movemento, as figuras... do noso obxeto que xa pasa o noso rincón da calma para utilizalo cando o necesitemos.




A SEMANA PASADA

Estivemos a traballar sobre querernos a nós mesmos, a persoa mais importante, a importancia de coidar o noso corpo e as nosas palabras.... O conto da mochila invisible e Como la trucha al trucho. Que os conten na casa de que iban estes contos.


Este libro é un magnífico agasallo para calquer neno. Encantoulles. e realizamos varias actividades.

Esta mochila consiste en que é invisible e a levamos enriba da cabeza. Invisible como as palabras. Cando dicimos ou nos din palabras positivas énchese de pompas e se son palabras negativas de pedras.

 Xuntámonos segundo e primeiro, limos o conto, vimos situacións en que somos lixeiros e estamos contentos cas palabras fermosas e tristes e pesados cando nos enchen a mochila de pedras negativas. Tamén estivemos aprendendo que temos que facer para non deixar que nos enchen a mochila de pedras.
os acordades?

Realizamos un xogo entre todos. Nos lanzamos pompas uns a os outros e despois xogamos ao xogo ME GUSTAS PORQUE...

É importante decirnos palabras fermosas, iso vai enchendo a nosa mochila. O xogo consiste en: decir o nome vendo para os ollos do compañeiro e decir: Me gustas porque..... (unha cualidade ou algo que fixo ou fai por nós....) e despois para consolidar esa amizade nos damos un abrazo. ENCAUTOUNOS... PORQUE A QUEN NON LLE GUSTA SABER COUSAS FERMOSAS SOBRE UN E SENTIR O APRECIO E O AMOR DO OUTRO? 


Seguiremos a traballar en todas as ocasións que se nos presenten sobre a autoestima, resolución de conflitos, fomentar no noso vocabulario palabras positivas.

E mais adiante proporei unha actividade para traballar na casa, fomentando estes aspectos... O BOTE DA FELICIDADE, que poderá ser?





APRENDEMOS A MEDITAR OU ESTAR ATENTOS A NOSA RESPIRACIÓN CA VISITA DA RÁ

Así amañecía a aula. Unha visita especial recibimos na aula. A ra e o se mundo máxico.
Nos ensinou a que podemos ser como ella, a disfrutar de cada salto e a estar tranquilos e atentos sen deixarnos levar por distracións. A centrarnos, a ver esa luz especial que cada un de nós somos, como únicos e magníficos que somos cada un de nós.
A ver que os contan na casa!!



Estivemos prestando atención o son do cuenco e a súa vibración. Aprendimos que a vibración é movemento, e se suxeitamos o cuenco polos laterais o son desaparece como o movemento.

A ra forma parte do noso rincón da calma que estamos formando. Se os comentan algo na casa sobre recoller flores e que queremos deixar o noso rincón decorado con diferentes utensilios que nos aporten calma e beleza. 




APRENDEMOS A ESTAR ATENTOS A NOSA RESPIRACIÓN

Todo aprendizaxe se interioriza satisfactoriamente se temos un apoio experiencial.

Desde o comezo de curso estamos a incluír varios obxectos que nos axudan fixar a atención a nosa respiración e aprendela a autobservala para poder facer uso conscientemente dela; ademais de conectar co noso corpo, nos axuda a conectar coas nosas emocións, como nos sentimos en cada momento... e así poder dar unha resposta adecuada.... en resumo, nos axuda a coñecernos e a poder desenvolver unha autoestima positiva.

A PELOTA DA RESPIRACIÓN


O primeiro obxecto é a Pelota da Respiración. A pasamos de un en un, e observamos que cando se abre a pelota o noso abdome inchase  e cando espiramos a pelota encolle. Observamos como en cada compañeiro é diferente, se ten unha respiración máis lenta ou rápida, mais entrecortada, se sinte a súa respiración, se está tenso... Tamén observamos as diferentes cores e formas que se facían...




BOS DÍAS!!!!

Cada mañá a primeira hora ao comezar as clases nos damos os Bos dias e recordamos que vamos a empezar o día... Ben, moi Ben!! E comezamos o movemento. Cada día diferente, con diferentes xogos de movemento, cancións, ioga..

O movemento é necesario, nace dentro de nós, conecta co noso interior, co noso corpo e mente... nos axuda a establecer a atención, concentración e nos prepara para un traballo consciente de vivir e dedicar a nosa atencion o que estamos facendo.


QUE É MINDFULNESS OU ATENCIÓN PLENA?



Para aprender que é Mindfulness ou  Atención Plena presentouse na clase o libro

" Un bosque Tranquilo"



Neste bosque todos tiñan prisa e a nadie lle daba a risa. A fada do bosque ensinounos como facer para disfrutar de cada momento ... "hacer las cosas despacito, para disfrutar cada ratito" y la importancia de la respiración.


Tamén estamos a traballar o libro " Una guía de aprendizaje, Tranquilo y atentos como una rana"



O outro día limos o primeiro conto " La niña de los pájaros"... Encantounos!!!  Era unha nena que non sabía desfrutar de cada momento, cando comía un fresa, estaba a pensar no que comía a súa irmá e así todo ata que un día enfermou.. pero afortunadamente apareceu a rana e ensinoulle desfrutar de cada activiade, descubriulle un novo mundo onde podía ser máis feliz e estar máis contenta co que facía.

O longo do día nos damos conta como somos esa Nena dos paxaros... estamos a pintar e estamos a pensar no que ven despois, ou estamos a comer e estamos con presa para chegar antes o patio...

Os nenos, en xeral, desfrutan de cada actividade que realizan pero co tenpo se convirten en adultos con multitarefas, sen tempo e sen desfrutar de cada momento. Agora cada vez perden esta facultade de desfrutar do presente, debido a sociedade na que vivimos e as novas tecnoloxías e medios de comunicación, que agravan os déficits de atención así como os valores que inculcan.










Ningún comentario:

Publicar un comentario