Páginas
▼
mércores, 30 de outubro de 2019
POR QUE A PRACTICA DE MINDFULNESS DESDE PEQUENIÑOS?
Cada vez son mais países e centros educativos que incorporan nas aulas Mindfulness. Aquí os deixo un video donde explica os beneficios e algunhas prácticas se queredes levar a cabo tanto nos colexios como nas casas cos vosos fillos.
venres, 25 de outubro de 2019
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Como parte do Proxecto Deportivo de Centro e do temario de Ciencias optamos por unha alimentación saudable e exercicio físico. Por eso creo que esta entrada no blogue e moi interesante para as familias, para que cada vez sexamos mais conscientes da nosa labor para o mellor crecemento dos nosos fillos.
O sábado 19 de outubro estivo un referente na alimentación infantil en España.
Nesta conferencia falou sobre o que é unha boa
alimentación, a importancia de comer en familia
e o deporte.
Pero antes de comezar a conferencia, detallou o CONTEXTO ALARMANTE no que vivimos
actualmente: o sedentarismo xunto a sobre- alimentación con alimentos
procesados, refinados e azucres. Sobre un 34% dos nenos sofren sobrepeso, sendo
o 18% obesos, co maior risco de sufrir diabetes e outras enfermidades con orixe
dunha mala alimentación.
A OMS recomenda a 25 gramos, unha
culler de azucre por día. A inxesta diaria de calquer neno ou nena na
actualidade é moi superior, en alimentos que non somos conscientes de que
sucede. Non quere dicir que teñan que tomar azucre, o azucre que deben inxerir
xa está presente nos alimentos que inxiren como froitas, hidratos…
Nesta páxina podedes ver mais exemplos como na foto. https://www.sinazucar.org/
Un Maxi Petit de marca Hacendado conten 12g de
azucre, equivalente a 3 terróns.
PARA
QUEN QUEIRA SABER UN POUQUIÑO MAIS:
Reseña
biográfica de Juan LLorca:
Juan Llorca, Chef de
profesión e apaixonado da nutrición e alimentación infantil. Actualmente chef e
responsable de Valencia Montessori School, primeira escola 100% Montessori comprometida
cunha cociña SLOW FOOD e unha alimentación libre de procesados, refinados, azucres
r totalmente natural e de temporada. En definitiva, unha alimentación saudable.
http://juanllorca.com/
Asesor de comedores escolares
CONECTANDO COAS SENSACIÓNS
Este ano eleximos os mércores despois de Eduacación Física, a última hora, antes de seguir aprendendo na aula.
Despois de Educación Física vimos acalorados, excitados, cansados... nos encanta relaxarnos e descansar e recuperar forzar un pouquiño para voltar a traballar.
En cambio., a primeira hora da mañá é idónea para xogos para activar, despertar, e centrar con xogos de atención en movemento.
Mais información na xanela Mindfulness.
xoves, 17 de outubro de 2019
martes, 15 de outubro de 2019
BLOGUE SEGUNDO DE PRIMARIA
UTILIZAREMOS O MESMO BLOGUE PARA ESTE ANO. XA PODEDES INVESTIGAR, HAI NOVAS XANELAS PARA VER E CON NOVA INFORMACIÓN.
ESTA SEMANA EMPEZAREMOS A INVESTIGAR SOBRE OS ANIMAIS EN PERIGO EXTINCIÓN E COMEZAREMOS A ESTUDAR O APARATO LOCOMOTOR.
ESTA SEMANA EMPEZAREMOS A INVESTIGAR SOBRE OS ANIMAIS EN PERIGO EXTINCIÓN E COMEZAREMOS A ESTUDAR O APARATO LOCOMOTOR.